viernes, 20 de diciembre de 2024

ELABORACIÓN DA CARTA AO CONCELLO E Á DIPUTACIÓN PARA SOLICITAR A MELLORA DA VARIANTE DO CAMIÑO.

O alumnado de E. Infantil, despois de percorrer o anaco da Variante Espiritual do Camiño Portugués que pasa pola parte traseira do cole, decide poñer en coñecemento do Concello e da Deputación de Pontevedra as dificultades que atopamos nese pequeno tramo do camiño. A nosa finalidade é a de potenciar unha imaxe positiva do noso Concello, implicando ás autoridades competentes para  facilitarlle  aos peregrinos a súa andaina.

O primeiro que facemos e analizar en asemblea as dificultades que atopamos, logo resumir as dificultades máis destacables e anotalas por escrito. Elaboramos o documento, asinámolo todos/as e trasladámoslle o documento ao equipo directivo para darlle saída oficial.






















No hay comentarios:

Publicar un comentario