sábado, 7 de febrero de 2026

EXPERIMENTO CON MANDARINAS.

 O martes, día de froita, a bruxa Maruja deixounos os ingredientes para poñer en marcha un experimento con mandarinas. 

O primeiro que imos a facer é coller un par de vasos con auga, nun deles imos a meter unha das mandarinas, pero antes preguntámoslle ao alumnado que pode pasar se metemos a mandarina no vaso de auga e recollemos as respostas. O que puideron observar os nenos e nenas foi que a mandarina na auga parecía de maior tamaño e flotaba.

Logo collemos o outro vaso con auga e preguntámoslle que pasaría se metemos a mandarina pelada, imos recollendo as respostas. Descubrimos que a mandarina pelada non flota, queda no fondo do vaso.

A explicación para os maiores: a monda da mandarina é máis lixeira que a auga, debido a que está composta por celulosa, pectina, aceite esencial; o que fai que actúe coma un flotador, permitindo que a mandarina quede na superficie. 

No caso da mandarina pelada, a polpa é máis densa que a auga, o que fai que se afunda, xa que a forza de gravidade é maior que a forza de flotación.

Reto: despois de facer o experimento, pedimos voluntarios para sacar a mandarina pelada do vaso sen derramar a auga, e empregando unicamente as mans.

 

































No hay comentarios:

Publicar un comentario