sábado, 12 de abril de 2025

EXPERIMENTO CON OVOS.

Atopamos na clase uns ovos, vinagre e un recipiente transparente; ao parecer envíanolo a Bruxa Maruja dende a granxa que visitamos fai uns días. Despois de pensar en que podemos facer con esas tres cousas, decidimos ler as instrucións e facer o experimento.

Cada neno/a bota un chorro de vinagre no recipiente, logo colocan con coidado os ovos e acaban de cubrilos con máis vinagre. En pouco tempo os ovos comezan a botar burbullas e o vinagre ponse turbio e con espuma. 

Segundo as instrucións, debemos esperar ao día seguinte para ver que acontece. Mentres, toca formular hipóteses do que pode acontecer.

As hipóteses son do máis variadas e algunhas preocupantes; uns din que seguramente os ovos desaparezan, outros que se converten en espuma ou fume, outros que vai saír un bicho raro,  un asociou este experimento co do volcán, debido ao uso do vinagre. Entón comezaron as teorías conspiranoicas de que ía a explotar o recipiente e reventar o cole.😬😱

QUE PASARÁ....





















































No hay comentarios:

Publicar un comentario