domingo, 26 de febrero de 2023

FACEMOS COMPOST PARA A HORTA.


 Antes do Nadal recibimos un composteiro por parte do Concello para reutilizar os residuos orgánicos na horta.  A Mestra Composteira ven a axudarnos a montalo e a darnos instrucións de uso. 

Indhira e Darío, alumnos de sexto de primaria, serán os responsables do composteiro; a súa misión é a de axudarannos e guiarannos na elaboración do compost para a horta.

Á volta de vacacións de nadal recibimos uns pequenos  contedores marróns para recoller os residuos orgánicos de cada aula, neles botamos panos de papel que non conteñen tintas, tonas de froita e restos de outras comidas.


















No hay comentarios:

Publicar un comentario