sábado, 8 de febrero de 2025

TORTA DE MAZÁ DA TÍA ROSITA.

 A maleta da bruxa Maruja aparece no cole, dentro dela atopamos útiles de cociña e unha carta na que pide colaboración para elaborar a torta de mazá para o seu amigo Lobiño. Xunto coa carta aparecen unha serie de pistas que o alumnado debe ler para descubrir onde atopar os ingredientes. Buff, que complicado!!😥

Unha vez atopados todos os ingredientes que están agochados pola clase, é hora de cociñar. O primeiro que temos que facer é lavar as mans e logo ir mesturando os ingredientes por orde😍😍.




































































No hay comentarios:

Publicar un comentario