Chega
a maleta da Bruxa Maruja, esta vez desde Esposende. Na maleta atopamos unha
mensaxe secreta que temos que descubrir e na que atoparemos a pista para
descubrir a lenda e cousas de Esposende.
A lenda é: "O CAZADOR DE BELINHO". Ao parecer, despois dunha enorme praga de lobos e raposos que atacaban ao gando e a persoas, a xente do lugar pediu axuda ao cazador de Belinho, que tiña moi boa puntería.
Despois de camiñar polo
monte, o cazador caeu entre uns penedos e quebrou as dúas pernas. Sen poder
moverse durante días, nin comer; cheo de fame e dor e sentíndose morrer, tivo
unha visión e milagrosamente levantouse
sen problema e os lobos e raposos desapareceron como por arte de maxia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario