A
maleta da bruxa Maruja aparece no cole, dentro dela atopamos útiles de cociña e
unha carta na que pide colaboración para elaborar a torta de mazá para o seu
amigo Lobiño. Xunto coa carta aparecen unha serie de pistas que o alumnado debe
ler para descubrir onde atopar os ingredientes. Buff, que complicado!!😥
Unha vez atopados todos os ingredientes que están agochados pola clase, é hora de cociñar. O primeiro que temos que facer é lavar as mans e logo ir mesturando os ingredientes por orde😍😍.
No hay comentarios:
Publicar un comentario