No
seu camiño cara o Norte, continuando pola Variante Espiritual do Camiño
Portugués pola Costa, Sam e Lucy deciden tomar un descanso preto de Vila do
Conde, en Póvoa do Varzim. Unha vila mariñeira, con fermosas praias e lugares
de interese e, con algo común a Galicia, a cultura castrexa e seres fantásticos
como as mouras. Na zona de Terroso puideron desfrutar dos restos dun antigo
asentamento castrexo.
Tamén
destaca deste pobo a escritura ou marcas poveiras, herdadas de antigos viquingos
que posiblemente se asentaron na zona e que foron adoptadas pola pescadores
locais. Tanto a cultura castrexa como as siglas poveiras son comúns a o
pobo pontevedrés da Garda, concretamente podémolas atopar en Santa Tegra.
De
Póvoa do varzim, os dous protagonistas, envíanos tres lendas: “A PEDRA NEGRA”, “A MOURA DA FONTE DO CRASTO” E “OS CORREDORES DE FADOS”.
Cada equipo, coa axuda dunha mestra, prepara a lenda que lle tocou; logo cóntalla ao resto da clase. Ao comezo costou un pouquiño, o ter que falar para os demais non é nada fácil, pero logo fixeron un traballo magnífico.
No hay comentarios:
Publicar un comentario