jueves, 13 de febrero de 2025

SAM E LUCY ESTÁN EN ESPOSENDE.

 Chega a maleta da Bruxa Maruja, esta vez desde Esposende. Na maleta atopamos unha mensaxe secreta que temos que descubrir e na que atoparemos a pista para descubrir a lenda e cousas de Esposende.

A lenda é: "O CAZADOR DE BELINHO". Ao parecer, despois dunha enorme praga de lobos e raposos que atacaban ao gando e a persoas, a xente do lugar pediu axuda ao cazador de Belinho, que tiña moi boa puntería. 

Despois de camiñar polo monte, o cazador caeu entre uns penedos e quebrou as dúas pernas. Sen poder moverse durante días, nin comer; cheo de fame e dor e sentíndose morrer, tivo unha visión e milagrosamente  levantouse sen problema e os lobos e raposos desapareceron como por arte de maxia.































No hay comentarios:

Publicar un comentario