lunes, 8 de diciembre de 2025

CONTOS DE OUTONO III

O alumnado de 4º de primaria acude á nosa clase para contarnos un conto: "SUPERNIÑOS", da  autora Anya Damirón. A través deste álbum, os nenos de cuarto amósannos a importancia de buscar o lado positivo fronte ás dificultades e a adversidade, con fermosos exemplos sobre a inclusión. 

Con este conto, conmemoramos unha data moi especial no noso Calendario Escolar; xa que o 3 de decembro é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.




























QUEREMOS AGRADECER A RAQUEL, MESTRA ESPECIALISTA DE A.L. E AO ALUMNADO DE CUARTO DE PRIMARIA, QUE SEMPRE BUSCAN UN OCO PARA AGASALLARNOS CON CONTOS ESTUPENDOS 😍😘


O MILLO.

 Outro dos produtos que se  recolecta no outono é o millo. O avó de Izan tróuxonos millo de todas as variedades: millo branco, millo amarelo, millo raíña ou vermello e millo corvo. 

Facemos unha clasificación do mesmo e logo procedemos a debullalo, separar os grans do carozo. 

Por equipos, puxemos en marcha todas as nosas habilidades motrices para que o noso fose o equipo vencedor da proba, que consistía en encher tres medidas de millo. Despois de tanto esforzo, probamos un pouco de pan de millo, que nos axudou a repoñer enerxía.








.