É tempo de vendima e, entre as aportacións das
familias e a caixa de uvas que trouxo a mestra M. José, imos recrear unha
viña para vendimar e facer o mosto. Despois de apañar as uvas os máis afoutos
descálzanse para pisalas e os demais esmáganas coas mans.
O primeiro que imos facer é lavar ben as mans, xa que
o zume resultante de machucar as uvas coas mans ímolo colar e probar. O que
resulte de pisar cos pés ímolo deixar fermentar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario