MISTERIO
RESOLTO!!. Todo o papel pintado e/ou recortado e os ruxidos que se escoitaban
de cando en vez polo centro, eran para a dramatización dunha lenda que se
representou na biblioteca o 24 de outubro, pola conmemoración do Dia das
Bibliotecas.
Uns
peregrinos que estaban a percorrer a Variante Espiritual do Camiño Portugués
pola costa, que descorre polo noso centro, descubriron que no noso cole había
unha clase que levaba o nome dos dragóns. Entón, contáronnos que pasando por Redondela oíron
falar da Coca, un dragón que atemorizaba aos veciños da zona. Con este motivo,
alumnado de 6º de Primaria e de Educación Infantil, decidiron indagar máis
sobre esta besta e facer unha representación de dita lenda, empregando as tres
linguas que se falan no centro: galego, castelán e inglés.
Pareceunos
tan interesante esta variante do Camiño e esta lenda, que decidimos afondar máis
sobre as etapas, os diferentes contos, lendas, tradicións etc. que podemos atopar ao longo da mesma.
Este
vai ser un proxecto longo, que se irá concretando e artellando ao longo de todo
o curso, e no que se pretende que participe todo o cole.
No hay comentarios:
Publicar un comentario