domingo, 20 de octubre de 2024

FACEMOS GUACAMOLE.

 Empregamos parte dos produtos da horta para facer guacamole. Unha receita sinxela e moi saudable.

Os ingredientes que imos a empregar son: aguacates, tomates, cebola doce, aceite, vinagre e sal.

En cada prato esmagamos: 2 aguacates, 1 tomate mediano e firme picado e unha cebola doce pequena en cadradiños. Aliñar con sal, vinagre e un chisco de aceite, mesturar ben e... BO PROVEITO!!!

Para darlle un pouco máis de emoción á actividade, cambiamos os ingredientes do aliño de recipiente e empregamos sal rosa do Himalaia para que o alumnado a través dos seus sentidos identificara os ingredientes.






















































No hay comentarios:

Publicar un comentario