lunes, 21 de octubre de 2024

BISCOITO CATRO CUARTOS.

Se queremos facer un biscoito catro cuartos precisamos: 3 ovos grandes ou 4 pequenos, 175 g de azucre, 175 g de manteiga ou margarina  (se queremos evitar lácteos), 175 g de fariña (SEN GLUTE: 75 g de fariña de arroz, 50 g de maicena e 50 g de fariña de améndoa), 1 sobre de levadura química, 2 culleradas de cacao en po e unhas gotas de esencia de vainilla.

Bater ben os ovos co azucre, engadir a manteiga atemperada, a fariña, a levadurina, a vainilla.

Separar unha parte da mestura para engadirlle o cacao.

Botar a parte sen cacao nun molde cuberto de papel de forno e botarlle a mestura de cacao por enriba sen remexer, de xeito que quede un biscoito bicolor.

Poñer o forno a quentar e meter a cocer a 180º uns 35 minutos. Apagar o forno e deixar un tempo o biscoito no forno.















































No hay comentarios:

Publicar un comentario