jueves, 24 de octubre de 2024

A COCA DE REDONDELA.

 MISTERIO RESOLTO!!. Todo o papel pintado e/ou recortado e os ruxidos que se escoitaban de cando en vez polo centro, eran para a dramatización dunha lenda que se representou na biblioteca o 24 de outubro, pola conmemoración do Dia das  Bibliotecas.

Uns peregrinos que estaban a percorrer a Variante Espiritual do Camiño Portugués pola costa, que descorre polo noso centro, descubriron que no noso cole había unha clase que levaba o nome dos dragóns. Entón, contáronnos que pasando por Redondela oíron falar da Coca, un dragón que atemorizaba aos veciños da zona. Con este motivo, alumnado de 6º de Primaria e de Educación Infantil, decidiron indagar máis sobre esta besta e facer unha representación de dita lenda, empregando as tres linguas que se falan no centro: galego, castelán e inglés.

Pareceunos tan interesante esta variante do Camiño e esta lenda, que decidimos afondar máis sobre as etapas, os diferentes contos, lendas, tradicións etc. que podemos  atopar ao longo da mesma.

Este vai ser un proxecto longo, que se irá concretando e artellando ao longo de todo o curso, e no que se pretende que participe todo o cole.

VÍDEO




































lunes, 21 de octubre de 2024