Maruja descobre que en Halloween/Samaín nos imos a transformar en vampiros; polo tanto,
decide viaxar á terra dos vampiros e descubrir a orixe dos mesmos.
O xoves da semana previa a esta
celebración, atopamos na clase a maleta viaxeira da bruxa Maruja; nela aparece
unha cabeza de allos, ao parecer para protexernos. Xunto coa maleta aparecen
pistas para descubrir o país, entre elas o mapa de Europa coa localización e un
conto sobre a lenda de Drácula. Tamén nos atopamos con información de
Transilvania e un vídeo a vista de vasoira do Castelo de Bran.
Con toda esta información,
entendemos a importancia da cabeza de allos para espantar aos vampiros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario