lunes, 4 de diciembre de 2023

CUARTA VIAXE: A CORUÑA.

 Picasso estivo uns anos vivindo na Coruña, alí pintou os seus primeiros cadros; entre eles, un da Torre de Hércules ou torre Caramelo, como el e o seu pai lle chamaban. 

A bruxa Maruja decide poñerse a investigar, grazas a ela, descubrimos a Breogán, xefe das tribos celtas de Brigantia, o que hoxe é a Coruña.

A construción da Torre de Hércules atribúese a Breogán, a Hércules e aos romanos. O que está claro, é que é un dos faros máis antigos do mundo que segue funcionando.

A torre aparece na bandeira da cidade da Coruña, con sete cunchas de vieira ao redor e cun cranio e dúas tibias nos seus cimentos. Segundo as lendas eses osos pertencen a Gerión, derrotado por Hércules ou a Breogán, que foi enterrado baixo a torre para protexer a cidade.

Se temos a sorte de viaxar á Coruña e visitar a Torre de Hércules, poderemos observar a Rosa dos Ventos e a estatua de Breogán.

Os historiadores din que os celtas eran pobos orixinarios da zona do Mar Negro que se desprazaron polo Mediterráneo cara a Occidente, parte desas tribos chegaron a Galicia. Breogán, xefe dunha desas tribos, fundou Brigantia e alí construíu un faro, din que este faro tiña un gran facho para avisar da proximidade da costa pola noite e tamén un gran espello ou pedra  máxica que permitía ver moi lonxe,

Un día Ith, o fillo de Breogán, conseguiu ver a través dese espello unhas novas terras, despois de falar co seu pai, decidiu saír na procura dese novo lugar. Despois de días navegando chega ás costas do que hoxe é Irlanda, alí atópase cos Tuatha dé Danann, tribos que dominan a maxia, estes desconfían de Ith e quítanlle a vida. 

O corpo de Ith chega de volta a Brigantia, actual Coruña. Alí Breogán e os seus irmáns desconsolados  deciden buscar e vencer aos que atacaron a Ith, 

Toda esta lenda esta recollida no libro das invasións irlandesas, que contan como os gaélicos venceron, non sen esforzo, as tribos de Tuatha de Danann, os cales desapareceron baixo a terra.

A bruxa  Maruja envíanos a súa maleta viaxeira, nela atopamos un anaco de coiro de cabalo e un atado de vimbias, xunto coa lenda de Breogán. Descubrimos que a pel de cabalo e as vimbias, eran o material de construción para elaborar as bornas, barcos que empregaban os celtas na antigüidade.

 No museo do Castelo de San Antón, na Coruña, atópase unha réplica elaborada nos años 70, partindo de escritos antigos e de debuxos de petróglifos.

















































































No hay comentarios:

Publicar un comentario