Os Leprechauns son pequenos
trasnos que se visten de cor verde, teñen un gran sombreiro e o seu pelo e
barba son de cor laranxa. Dedícanse a facer zapatos, e pasan desapercibidos á
vista dos humanos.
Teñen fama de agarrados; é
dicir, son moi avaros, gardan moitos tesouros en potes que teñen ben agochados.
No relativo a San Patrick, foi
un monxe que tivo unha vida moi complicada. Naceu nunha familia acomodada baixo
o nome de Maewyn Succat e viviu moitas
aventuras. Cando era un mozo, foi apresado por uns piratas que o puxeron a
traballar como pastor de ovellas; logrou fuxir e leu moitos libros sobre Deus, volvéndose
sacerdote. Cambiou o seu nome polo de San Patricio e regresou a Irlanda para levar
a palabra de Deus.
Conta a lenda que expulsou todas
as serpes deste país, a día de hoxe, ao parecer, non hai serpes en Irlanda.
San Patrick converteuse no
patrón de Irlanda e o seu santo celébrase o 17 de marzo.
Cantas cousas aprendemos con
teacher Carmen!!
Por equipos elaboramos as
imaxes da lenda de San Patrick.
No hay comentarios:
Publicar un comentario