Estamos acostumados a pintar con ceras, rotulas, témpera, acuarelas etc. Hoxe
probamos a pintar con cúrcuma, especie que se obtén da raíz dunha planta.
Para realizar esta actividade debemos facer dúas mesturas; por un lado, auga
con bicarbonato nun recipiente; por outro lado, noutro recipiente, mesturamos o
alcohol coa cúrcuma.
Este experimento é moi divertido; xa que, podemos escribir
mensaxes ou debuxos secretos con auga e bicarbonato e ao pasarlle a mestura de
cúrcuma e alcohol descóbrense as mensaxes ou debuxos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario