miércoles, 6 de diciembre de 2023

SEXTA VIAXE: EEUU.

 Dado que o 4º xoves do mes de novembro é Día de Acción de Gracias, decidimos improvisar unha pequena presentación para sorprender á nosa auxiliar de conversa Lucía, que ven de Estados Unidos e neste curso non o pode celebrar en familia. Coa axuda da bruja Maruja, indagamos sobre o significado desa celebración. 

No século XVII, cristiáns católicos de Reino Unido marcharon do seu país debido ás súas crenzas. Uns deses cristiáns marcharon do seu país natal a bordo do buque Mayflower. Atravesaron o océano Atlántico e chegaron as costas de Playmouth. Debido ao mal tempo quedaron un pouco lonxe de onde pretendían arribar. Desconfiaban das tribos de pobos orixinarios cos que se podían atopar; xa que non todos recibían de bo modo aos estranxeiros. A falta de comida e auga, provocou que se decidiran a baixar do barco, xa que a fame e as enfermidades estaban causando moitas baixas.

Unha vez en terra atopáronse co pobo Wampanoag, que axudou ás persoas que chegaron no buque Mayflower aportándolles comida e auga, e logo axudándoos a subsistir, amosándolles técnicas de caza, pesca  e  ensinándoos a cultivar  a terra.

En agradecemento ao pobo Wampanoag fixeron unha festa pola axuda prestada, sen a cal non sobrevivirían. Dende aquela foise establecendo esa tradición, que agora se converteu nun día festivo, nunha celebración familiar na que se reúnen as familias, e na que non pode faltar o pavo.

A preparación da presentación fixémola en dúas sesións, e as imaxes foron elaboradas por equipos. Os nervios fixeron que non saíra todo o ben que se esperaba, pero  Lucía levou unha grata sorpresa.




















 VÍDEO DE ENSAIO

VÍDEO DA PRESENTACIÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario