domingo, 26 de febrero de 2023

EU SON GAIATO.

 A CASA DO GAIATO É UN ORFANATO SITUADO EN MOZAMBIQUE. NESTE CURSO A PROPOSTA DO CONCELLO PARA O DÍA DA PAZ FOI A DE DARNOS A COÑECER A SITUACIÓN DESTE ORFANATO NO QUE VIVEN NENOS, NENAS E XOVES: ORFOS, EN RISCO DE EXCLUSIÓN OU EN SITUACIÓN DE VULNERABILIDADE. 

NO MES DE OUTUBRO, A TRABALLADORA DO CONCELLO RAQUEL MORALES TIVO A OPORTUNIDADE DE COMPARTIR UN PROXECTO DE IGUALDADE CON ESTA COMUNIDADE; DESTE XEITO,  PUIDO COÑECER AS CIRCUNSTANCIAS DESTA,  ALÍ DESCUBRIU A UNHA ENFERMEIRA  GALEGA CHAMADA Mª JOSÉ MOI COMPROMETIDA CO SEU TRABALLO E CON UNHA ILUSIÓN PROFUNDA POR FACER CAMBIOS IMPORTANTES.

DESPOIS DESTA EXPERIENCIA, DESCOBREN QUE NO MES DE NOVEMBRO, NO ORFANATO, SE PRODUCIU UN INCENDIO QUE ARRASOU CO ALMACÉN NO QUE SE GARDABA: COMIDA, ROUPA, MATERIAL ESCOLAR ETC;  POR ESE MOTIVO DENDE O CONCELLO FAN UN CHAMAMENTO Á COMUNIDADES ESCOLAR E A OS VECIÑOS PARA ACADAR AXUDA ECONÓMICA PARA O ORFANATO. 

NESA SEMANA QUE COINCIDE CO A CELEBRACIÓN DO DENIP, REPRESENTANTES DO CONCELLO VEÑEN POLO COLE A EXPLICARNOS A SITUACIÓN SOBRE O PAÍS, CULTURA, TRADICIÓNS ETC, FÁLANNOS DO ORFANATO E DO SENTIDO DA CAMPAÑA "EU SON GAIATO". NO COLE CRÉASE O RECANTO DO GAIATO, NO QUE SE PODERÁ DEIXAR UN DONATIVO. 

TAMÉN  NOS OFRECEN UNHA PÁXINA WEB: fundaciónmozambiquesur.org, PARA AQUELAS PERSOAS QUE QUEIRAN ACADAR MAIOR INFORMACIÓN PARA COÑECER  OS PROXECTOS DESTA ONG, ENTRE ELES O DA CASA DO GAIATO. 
























No hay comentarios:

Publicar un comentario