domingo, 26 de febrero de 2023

DESCUBRIMOS O PARQUE DA MEMORIA DE ADOLFO PÉREZ ESQUIVEL.

Achegámonos ao Parque da Memoria situado na Reiboa, obra do  pintor, escultor e Premio Nobel da PAZ, Adolfo Pérez Esquivel. Analizamos a rosa dos ventos, os seis monólitos que o compoñen e os elementos que figuran nos mesmos; a forma cilíndrica central con cerámica de Sargadelos, sobre a que se atopa unha semente que apunta ao ceo.

En definitiva un monumento cheo de simbolismo construído en honor á Memoria e a Emigración, na terra de seu pai, Cándido; un emigrante que cruzou o Océano Atlántico cara Arxentina como tantos outros na procura dunha vida mellor, e do que herdou o seu amor polo mar.

Completan o monumento oito bancos de granito, no que figuran frases doutros premios Nobel en tres idiomas. Tamén podemos atopar unha representación de árbores significativas de cada un dos cinco continentes.







































 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario