DECIDIMOS
CONMEMORAR O ”DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA” REALIZANDO
UN EXPERIMENTO MOI SINXELO.
PARA
DITO EXPERIMENTO PRECISAMOS: VASOS, ROTULADORES, PANOS DE MESA DE PAPEL E AUGA.
PASOS
DO EXPERIMENTO:
1-
COMEZAMOS DOBRANDO UN ANACO DE PANO DE PAPEL,
2-
EN CADA UN DOS BORDES DO PANO DE PAPEL COLOREAMOS CON ROTULADORES AS CORES
DO ARCO DA VELLA. CON NEN@S PEQUENOS, O MELLOR É MARCARLLE OS BORDES DA ZONA A
PINTAR E QUE LOGO O COLOREEN.
3-
COLLER UN PAR DE VASOS E BOTARLLE 1/3 DE AUGA A CADA UN.
4-
COLOCAR O ANACO DE PANO DE PAPEL CON CADA UN DOS BORDES COLOREADOS NUN VASO, FACENDO UNHA ESPECIE DE PONTE ENTRE OS DOUS VASOS.
A AUGA IRÁ SUBINDO POLOS OCOS DA FIBRA DE PAPEL, QUE VAI ACTUAR A MODO DE VEAS, TIRANDO DA AUGA E EXPANDINDO AS CORES.
No hay comentarios:
Publicar un comentario