ESTE CURSO A NOSA PERSOA DE PAZ É ADOLFO PÉREZ ESQUIVEL, AFONDAMOS NA SÚA TRAXECTORIA NA LOITA POLOS DEREITOS HUMANOS, NA DEFENSA DOS POBOS ORIXINARIOS E A SÚA CULTURA; E TAMÉN NA SÚA OBRA.
QUIXEMOS CENTRARNOS EN ADOLFO POLA SÚA PROXIMIDADE, NO PRIMEIRO TRIMESTRE TRABALLAMOS COMBARRO, E DESCUBRIMOS A VARIAS PERSOAS IMPORTANTES CONECTADAS A COMBARRO. NUNHA DAS RÚAS DESTE POBO MARIÑEIRO, DESCUBRIMOS UNHA PLACA, NA QUE SE NOMEA AOS DEVANCEIROS DESTE PREMIO NOBEL. TAMÉN CONTAMOS CUNHA DAS SÚAS OBRAS: O PARQUE DA MEMORIA, MOI PRETO DO COLE; CON TODO ISTO DECIDIMOS ENLAZAR ÁMBOLOS DOUS PROXECTOS E CONTINUAR INVESTIGANDO SOBRE ESTA PERSOA TAN IMPORTANTE PARA O NOSO CONCELLO.
ANTES DE CELEBRAR O DÍA DA PAZ, TODO O COLE SE IMPLICA NUN PROXECTO ONDE CADA CURSO VAI APORTAR O SEU GRAN DE AREA ARREDOR DE ADOLFO. EDUCACIÓN INFANTIL CÉNTRASE NA BIOGRAFÍA, PRIMEIRO E SEGUNDO NOS MONÓLITOS DO PARQUE DA MEMORIA, TERCEIROS E CUARTOS NAS ÁRBORES SÍMBOLICAS DE CADA CONTINENTE, E QUINTO E SEXTO NOS PREMIOS NOBEL QUE FIGURAN NOS BANCOS DE DITO PARQUE. TODA ESTA INFORMACIÓN SE PLASMARÁ EN PANEIS QUE O 30 DE XANEIRO SE EXPOÑERÁ PARA TODO O CETRO NO PARQUE DA MEMORIA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario