Imos
a investigar ao Parque da Memoria, queremos descubrir as árbores que simbolizan
a cada un dos continentes. O primeiro que atopamos é o ceibo africano, Erythrina caffra, tamén coñecido como Árbore Coral pola súa vistosa floración.
Esta árbore é nativa de Sudáfrica, pero cultívase con facilidade en todas as partes do mundo, adáptase ben a zonas de climas cálidos.
É unha árbore de folla caduca, e
florece antes de botar a nova folla. As súas flores van do laranxa a cor
escarlata conforme pasan os días dende que se abre a flor.
As súas sementes son moi
vistosas, medran en vaíñas e son de cor laranxa, vermello intenso e
negro, o que fan que sexan moi valoradas e empregadas tamén e xoiería.
O tronco é agrisado e ten unhas espiñas escuras, nas ramas máis altas e finas as espiñas son máis afiadas. No relativo á súa altura, pode chegar a medir entre oito e dez metros.
No Parque da Memoria
descubrimos tres ceibos africanos que estaban coa flor a piques de abrir.
No hay comentarios:
Publicar un comentario