martes, 28 de febrero de 2023

IMOS Á HORTA A PLANTAR.

 APROVEITAMOS O BO TEMPO DO MES DE FEBREIRO PARA IR A TRABALLAR Á HORTA. PLANTAMOS ALLOS E ALLOS PORROS.

                                                  






















































lunes, 27 de febrero de 2023

11 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E A NENA NA CIENCIA.

 DECIDIMOS CONMEMORAR O ”DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA” REALIZANDO UN  EXPERIMENTO MOI SINXELO.

 PARA DITO EXPERIMENTO PRECISAMOS: VASOS, ROTULADORES, PANOS DE MESA DE PAPEL E AUGA.

PASOS DO EXPERIMENTO:

1- COMEZAMOS DOBRANDO UN ANACO DE PANO DE PAPEL, 

2- EN CADA UN DOS BORDES DO PANO DE PAPEL COLOREAMOS CON ROTULADORES AS CORES DO ARCO DA VELLA. CON NEN@S PEQUENOS, O MELLOR É MARCARLLE OS BORDES DA ZONA  A PINTAR E QUE LOGO O COLOREEN. 

3- COLLER UN PAR DE VASOS E BOTARLLE 1/3 DE AUGA A CADA UN.

4- COLOCAR O ANACO DE PANO DE PAPEL CON CADA UN DOS BORDES COLOREADOS NUN VASO, FACENDO UNHA ESPECIE DE PONTE ENTRE OS DOUS VASOS.


A AUGA IRÁ SUBINDO POLOS OCOS DA FIBRA DE PAPEL, QUE VAI ACTUAR A MODO DE VEAS, TIRANDO DA AUGA E EXPANDINDO AS CORES.