domingo, 30 de noviembre de 2025

ELABORAMOS A FOLLA DO CALENDARIO.

 Este curso, a temática do calendario xira ao redor do 50 aniversario do noso centro. En Infantil centrámonos en personaxes de contos, series, películas  ou cómics.

Na nosa clase optamos por un dos personaxes máis entrañables cos que medraron varias xeracións e que nunca pasa de moda: "LA ABEJA MAYA".

A través de diferentes técnicas plásticas creamos a folla do mes de xuño.


 










































BISCOITO DE PLÁTANO, NOCES E CHOCOLATE.

Aproveitamos para ver a diferencia entre froitos secos e carnosos e empregamos parte desas froitas, concretamente os plátanos e as noces, para facer un biscoito.

Ingredientes:

3 plátanos maduros.

100 g. de noces picadas.

3 ovos.

130 g. de azucre.

120 ml. de aceite.

Esencia de vainilla.

200 g. de fariña sen glute: (90 g fariña de arroz, 70 g de Maicena, 50 g de fariña de améndoa)

1/2 sobre de levadura química.

3 culleradas de cacao puro disoltas nun pouco de auga ou sucedáneo vexetal de leite.

Elaboración:

Bater ben os ovos co azucre, engadir os plátanos esmagados, o aceite, a esencia de vainilla; logo engadir as fariñas e a levadura.

Separar unha parte da mestura e engadirlle o cacao cun chisco de auga ou bebida vexetal (de améndoa, arroz etc.)

Botar a primeira parte da mestura nun molde engradado ou con papel de forno e logo botar a parte con cacao sen que se se unifiquen por completo, isto fará o efecto de mármore.

Pelar e picar as noces, pasalas por fariña sen glute, para que non se fundan no biscoito e meter ao forno 30/35 minutos a 180º