Para
o 8 de marzo, programamos unha actividade para reflexionar sobre os roles
de xénero en relación cos oficios.
Amosámoslle
ao alumnado unha serie de imaxes de persoas traballando ás que non se lles
podía ver o rostro. Os oficios representados estaban relacionados co
transporte, investigación, construción, exército etc.
A
misión que tiña o alumnado era a de observar as imaxes e poñerlle un nome;
debían de poñerse de acordo para escoller o nome. En xeral, o alumnado resolveu
a situación poñéndose primeiro de acordo no xénero da persoa que aparecía na
imaxe e logo decidindo o nome.
Na totalidade das trece imaxes, acordaron por maioría que a persoa era un home e nomeárona co nome dun compañeiro ou dun pai que traballaba nese oficio.
A sorpresa
foi maiúscula cando viron a quen correspondían as imaxes, todas mulleres.
Analizamos cada unha das imaxes e a historia de superación que tiveron que
vivir algunhas delas para poder exercer o seu traballo.
Con esta actividade, queremos que o noso alumnado poida comprender que ante todo somos persoas, que temos a liberdade de escoller o noso futuro, independentemente do xénero e; tamén que querer é poder.
No hay comentarios:
Publicar un comentario