viernes, 28 de marzo de 2025

EXPERIMENTO: AS FLORES QUE SE ABREN.

Relacionando a lenda de Caminha, "O SANTO AGINHA", e a chegada da primavera, imos a poñer en marcha un experimento moi divertido. 

Cada alumno debuxa seis flores nun folio, recórtaas e prega os seus pétalos  sobre o centro de cada flor; por último, pegamos as flores ás ramas dunha árbore e botámoslle auga cun envase difusor.

Pouco a pouco os pétalos das flores iranse abrindo e a árbore encherase de flor. Outra opción, sería a de poñer as flores pregadas sobre un recipiente con auga.