lunes, 18 de noviembre de 2024

SAM E LUCY DAN COMEZO Á SÚA AVENTURA.

Recibimos unha misiva de Lucy e Sam, xa teñen todo preparado para viaxar dende Inglaterra ao país onde van a comezar o Camiño de Santiago. Apórtannos unha serie de imaxes e pistas  que debemos atopar a través das etiquetas dos nomes e apelidos do alumnado, se revolvemos ditas pistas poderemos descubrir o país e a cidade á que chegan os dous protagonistas desta aventura.

A través das imaxes podemos analizar que viaxan a unha cidade bastante poboada, que está na costa, que ten un río e unha ponte de ferro; por último a bandeira, que para os amantes do fútbol, foi fácil de identificar.

























 



No hay comentarios:

Publicar un comentario