jueves, 21 de noviembre de 2024

ELABORACIÓN DO CALENDARIO.

 Temos unha misión, elaborar a folla do calendario, concretamente o mes de xuño do 2025.

Para o 2025, o tema de calendario é o Camiño de Santiago, e dentro de todas as posibles rutas, a Variante Espiritual do Camiño Portugués. 

Cada curso escolle unha etapa do Camiño, 12 etapas que descorren entre Caminha e Santiago e logo remata en Fisterra. O obxectivo de cada clase é a de escoller un pobo da etapa que lle corresponde e analizar costumes, lendas, tradicións etc.

O alumnado de 6º de Educación Infantil, a aula dos "DRAGÓNS", escollemos a etapa entre Vigo e Redondela, e centrámonos no remate, na vila de Redondela. Descubrimos que fai moito tempo, existiu unha Coca que se agochaba nas profundidades da Illa de San Simón e  tiña aterrados aos pobos do arredor. Os veciños, cansos do ataque deste dragón, acabaron coa besta e por Corpus celebran “A FESTA DA COCA”. No 2025, Corpus cadra o 19 de xuño, por iso decidimos escoller o mes de xuño para facer o calendario.

















































No hay comentarios:

Publicar un comentario