Imos de camiñata e aproveitamos para ver os cambios que se van producindo na paisaxe por mor do outono: o cambio de cor das árbores, sobre todo nos arces, nos ginkgo biloba, nos carballos e castiñeiros; a caída das follas, os fungos...
Atopámonos con flores propias do outono; entre elas, o falso azafrán ou azafrán bravo, que se pode atopar nos bosques coa chegada do outono. A diferencia do verdadeiro azafrán, este é tóxico.
Tamén puidemos observar
algunhas das aves de litoral. Puidemos ver garcetas buscando comida, gaivotas
patiamarelas nadando ou camiñando, gaivotas ridoras, corvos mariños tomando o
sol na illa dos ratos, unha garza real ao lonxe, algún merlo, un bilurico
movendo a súa cola e escarvando na area, lavandeiras e gorrións.
Tamén puidemos ver na desembocadura do río, coa subida da marea, un banco de enormes muxos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario