Xa pasaron case catro anos dende que montamos nunha das paredes do cole un xardín vertical. Naqueles tempos estabamos en plena pandemia e para plantar, o alumnado tiña que ir en pequenos grupos da mesma clase, logo tiñamos que desinfectar todo e deixar un tempo de ventilación antes de ir outro grupo; así estivemos días, pero demos conta do recado.
O
xardín vertical quedou moi chulo, pero co paso do tempo as botellas que
empregamos deterioráronse, a terra endureceu e xa non aportaba nutrientes ás
plantas. Como empregamos suculentas, resistiron perfectamente o paso do tempo,
pero xa pedían un cambio.
Coa
axuda do alumnado de Infantil, xa que non viviran a creación de dito xardín,
retiramos os envases vellos e fixemos o cambio das plantas a novas macetas, o
resultado foi impresionante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario