O
martes, 30 de xaneiro, celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz; por este motivo, o noso cole énchese de pombas mensaxeiras de
Paz.
A
pomba, é un dos símbolos da paz, foi pintada por Picasso en 1949 para un cartel
dun Congreso para a Paz.
Pero...
quen foi Picasso? - Picasso, foi un dos
pintores máis recoñecido de todos os tempos. Naceu en Málaga en 1881 e puido
observar os horrores de tres guerras: a Primeira Guerra Mundial, a Guerra Civil
Española e a Segunda Guerra Mundial. A Guerra Civil obrigouno a fuxir a Francia, e neste país viviu a ocupación Nazi
durante a Segunda Guerra Mundial.
Foi tal o horror que viviu e observou, que se
declarou un dos maiores defensores da paz mundial. En 1949 participou nun
concurso de carteis para o congreso da paz que se celebrou neste ano en París.
O símbolo que escolleu para ese cartel foi unha pomba, un animal moi querido
por el, xa que fora un dos primeiros animais que pintara co seu pai, e recordáballe
momentos felices da súa infancia. A pomba representa a pureza, a
inocencia e a Paz.
O seu cartel foi o vencedor, e ao longo dos anos creou outros carteis pola Paz con outras pombas, e algunhas desas pombas chegaron ao noso cole, despois de percorrer o planeta para achegarnos a diferentes lugares nos diferentes continentes onde hai guerras, desigualdades, inxustizas. Estas pombas mensaxeiras de Paz queren denunciar a través das nosas voces, as dos nenos e nenas do Isidora Riestra estes conflitos; e así, as pombas visitaron: América, África, Asia, Europa, Oceanía a Antártida e atoparon conflitos: guerras, tráfico de persoas, narcotráfico, inxustizas, discriminación, desigualdade, problemas medio ambientais creados polos humanos etc.
Todas
estas pombas nos enfrontan coa realidade, ás veces moi difícil de asumir. Estas
pombas, pretenden que nós, a Comunidade Educativa, e sobre todo os nenos e
nenas que representamos o futuro, poñamos o noso gran de area para cambiar o
mundo; por ese motivo, comezaremos con algo sinxelo, creando un recanto de paz,
de concordia, aberto ao diálogo, ao que podemos acudir cando queiramos ser
escoitados, cando teñamos algún problema ou situación que nos coste resolver.
Tamén un recanto no que propoñer solución e no que escoitar aos demais; en
definitiva, un recanto para propiciar a convivencia e a PAZ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario