lunes, 26 de febrero de 2024

PROXECTO SOBRE PICASSO.

Neste curso 2023-24, coincidindo cos 50 anos do falecemento de Pablo Ruiz Picasso, puxemos en marcha un proxecto que comezamos a mediados do primeiro trimestre e rematamos o 30 de xaneiro, un proxecto longo pero apaixonante, tanto como a vida deste xenio.

O seu nome completo era Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno María de los Remedios Cipriano de la Santísima Trinidad Ruiz y Picasso, con ese nome era visto que tiña que destacar. 

Naceu en 1881, en Málaga, onde permaneceu ata os 9 anos. O seu pai chamábase José Ruiz e era profesor de debuxo, del herdou o amor pola pintura e con el comezou a pintar as súas primeiras obras; a súa nai era María Picasso, dela herdou o seu físico.

Tivo dúas irmás, Lola que naceu durante o terremoto de 1884, e á que lle chamaban a terremoto e Conchi, que morreu sendo unha nena; este feito deixaría unha fonda pegada en Picasso, provocando nel un medo tremendo ás enfermidades. 

Por mor do traballo de seu pai, a familia de Picasso tivo que mudarse á Coruña e logo a Barcelona, onde é admitido na escola de Belas Artes, durante esta época os seus traballos reflexan a realidade.

En 1900, viaxa a París e coñece a grandes intelectuais da época, entre eles Apollinaire, co que años máis tarde sería detido polo suposto roubo da MONALISA, un dos cadros máis famosos da historia, obra de Leonardo da Vinci.

Durante os seus primeiros anos en París vive momentos difíciles, pasa necesidades. Todo se complica máis coa morte do seu mellor amigo Carles Casagemas, o que o funde nunha profunda depresión que se plasma nas súas obras. As cores predominantes desta época son os diferentes tons de azul e a temática é a pobreza, a dor, a tristeza...as figuras son alargadas por influencia do Greco.

Despois de coñecer a Fernande Olivier, os seus tons azuis comezan a mesturarse con tons máis cálidos, cores rosas, vermellos e as figuras representadas amosan  maior vitalidade. Representa o mundo do circo: pallasos, arlequíns, saltimbanquis... esta época coñécese como a etapa rosa.

Tivo tamén unha época na que se viu influenciado polo arte africano, por máscaras e pinturas, esta época coñecese pola etapa negra.

Picasso non para de experimentar, a súa mente inqueda lévao a seguir evolucionando a diferentes estilos, a experimentar novas formas de expresar o que sinte e percibe, e así xunto con Brake crean un novo movemento no arte, o cubismo, do que é un dos máximos representantes. Pero a súa evolución segue e pasa por diferentes etapas máis: neoclasicismo, surrealismo, impresionismo etc. Estudou en profundidades as obras de pintores clásicos e fixo a súa interpretación das mesmas, un exemplo son as meninas de Velazquez. 

Tamén se dedicou á escultura, á cerámica e á remodelación de obxectos; con frecuencia, percorría lugares onde se almacenaba chatarra para recrear as súas propias esculturas. 

Pénsase que creou máis de 50.000 obras ao longo da súa longa vida, con 90 anos aínda pintaba. Faleceu en Francia en 1973, á idade de 91 anos, sen poder volver a España por medo a ser apresado polo ditador que gobernaba nese momento.

Durante a súa longa vida viviu 3 conflitos bélicos: a 1ª Guerra Mundial. a Guerra Civil Española e a 2ª Guerra Mundial, o que o marcou profundamente e que o fixo declararse defensor da PAZ. O Guernica pintado en 1937 é considerado un símbolo en contra da Guerra; así como os seus carteis para a Paz, onde a pomba se transforma no símbolo da Paz.

É considerado o pintor máis famoso de Francia sen ser francés. En Francia, foi durante moitos anos vixiado pola policía pola compravenda de obxectos de arte, e como xa se mencionou foi investigado pola desaparición da Monalisa.

Viviu a súa vida con intensidade, tanto no arte coma no amor, levando no seu corazón a súa Málaga natal.

Ao longo deste proxecto puidemos viaxar no tempo, ver a situación que lle tocou vivir, as súas emocións: dor, tristeza, amor... indagando nas nosas. Tamén puidemos ver outras formas de ver a realidade dende outros puntos de vista, analizando en profundidade o que nos rodea. 

Descubrimos un montón de técnicas plásticas, e aprendemos a ver o arte como elemento para comunicar e transformar o mundo.

Analizamos os símbolos presentes na obra de Picasso: a pomba, o cabalo, o toro, a muller...


































































































































No hay comentarios:

Publicar un comentario