As
sementes de col foron as primeiras en xermolar, aos catro días xa asomaban as
folliñas; aos 5 días xermolaron as sementes de acelga, aos 8 días
empezaron a saír as primeiras tomateiras. Imos todos os días a ver a evolución e a ver se
precisan auga.
Tiñamos a intención de levar as sementes ao invernadoiro que se montou cos cartos que se obtiveron das familias que participaron nos Maios, pero foi destruído por vándalos antes de ser estreado. Unha pena polo diñeiro invertido e polo tempo que se levou a montalo. En fin... unha verdadeira falta de respecto e de conciencia, sobre todo cando os afectados son os nenos e nenas aos que ía destinado o invernadoiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario