jueves, 29 de febrero de 2024

RENOVACIÓN DO XARDÍN VERTICAL.

 Xa pasaron case catro anos dende que montamos nunha das paredes do cole un xardín vertical. Naqueles tempos estabamos en plena pandemia e para plantar, o alumnado tiña que ir en pequenos grupos da mesma clase, logo tiñamos que desinfectar todo e deixar un tempo de ventilación antes de ir outro grupo; así estivemos días, pero demos conta do recado.

O xardín vertical quedou moi chulo, pero co paso do tempo as botellas que empregamos deterioráronse,  a terra endureceu e xa non aportaba nutrientes ás plantas. Como empregamos suculentas, resistiron perfectamente o paso do tempo, pero xa pedían un cambio.

Coa axuda do alumnado de Infantil, xa que non viviran a creación de dito xardín, retiramos os envases vellos e fixemos o cambio das plantas a novas macetas, o resultado foi impresionante.