Imitando aos zapateiros do río imos intentar
que flote un clip sobre a auga.
Para este experimento precisamos un vaso con auga, un clip e un pouco de paciencia.😉
A explicación ao experimento é que as moléculas de auga están unidas unhas a outras, pero as que permanecen na zona superficial non contan con nada por encima, o que fai que se aferren máis ás do lado e ás que están por debaixo; deste xeito, forman como unha especie de capa elástica que permite manter ao clip flotando.
Ao comezo a única que o conseguía era a profe, os clips ían todos para o fondo, pero pouco a pouco, tanteando e observando á mestra descubriron o truco, colocar o clip de forma horizontal e baixalo cara a auga moi, moi, moi lentamente. Todos levaron un clip para probar na casa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario