Como cada venres, Rubén, o pai de Xiana, tráenos os poliños de paspallás para que poidamos ver a evolución dos mesmos, xa teñen algo máis de 15 días e nótase o cambio de plumaxe e tamaño. Xa non precisan a luz nin o calor da lámpada.
Rubén tráenos unha nova sorpresa, polos de galiña que aínda conservan o plumón, pois aínda teñen tres días. Estes naceron aos 21 días, un deles naceu cun día de antelación e vese un chisco feble. Son tan cativiños que precisan calor, e a falta dunha galiña, teñen unha lámpada que lle aporta luz e calor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario