Outra das árbores que podemos atopar no Parque da Memoria é o arce liquidambar, tamén coñecida como árbore do ámbar, estoraque ou ozocol, debido á resina que se atopa baixo a súa cortiza.
Esta árbore é orixinaria de Estados Unidos, México e Guatemala, aínda que se pode ver en moitos xardíns e decorando rúas de moitas cidades do mundo dado a súa beleza, sobre todo no outono, estación na que as súas follas adquiren tonalidades: amarelas, laranxas, vermellas e de cor burdeos.
É unha árbore
caducifolia, con follas palmeadas e lobuladas. Florece na primavera e os seus
froitos son cápsulas leñosas, múltiples, con numerosas sementes. O seu tronco
vai da cor marrón ao grisáceo e conforme pasan os anos a súa cortiza vai
facendo sucos. En condicións idóneas pode alcanzar os 40 metros de altura, o
seu crecemento é lento nos primeiros anos.
O tronco do liquidambar é moi empregado para a elaboración de mobles e a resina e as follas teñen propiedades cosméticas e medicinais.
No hay comentarios:
Publicar un comentario