Outra das árbores
que atopamos no parque da Memoria son as sobreiras (alcornoques en castelán), Quercus
suber. É unha árbore que abunda nas zonas mediterráneas de Europa e norte de África.
En Galicia atópanse exemplares moi lonxevos e existen algúns bosques desta árbore, pero sen dúbida, é Portugal, o centro, sur e este de España onde se atopa en maior cantidade na Península.
As sobreiras poden vivir máis de 200 anos, os exemplares máis lonxevos poden chegan a medir máis de 20 metros. As do parque da Reiboa van medrando de xeito moi lento; dos cinco que se plantaron sobreviven un par deles.
Destaca pola súa cortiza que se emprega para múltiples usos, sobre todo na elaboración de tapóns e como recubrimento para paredes e chan. É a cortiza a que fai das sobreiras unha árbore que resiste ben os incendios, pois actúa como un escudo, dado as súas propiedades ignífugas e illantes.
Son árbores de folla perenne; as follas son pequenas e algo dentadas, de cor verde escura pola face e esbrancuxadas polo envés.
Os seus froitos, son landras moi amargas que van madurando de xeito gradual de outono a febreiro, o que resulta ideal para a gandaría.
O noso alumnado
puido observar a cortiza desta árbore rugosa e flexible, e as súas follas
pequenas e dentadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario