O mércores, 19 de abril, visitamos
Afundación para desfrutar dunha obra de teatro.
Feo!, é unha obra posta en escena por Caramuxo Teatro, inspirada no conto do "Parrulo feo" de Hans Cristian Andersen.
A obra amósanos unha fábrica que produce parrulos de plástico dende fai moitísimo
tempo; en concreto, dende 1941. Os parrulos só poden ser de cor amarela, o
material para fabricar os parrulos é meticulosamente seleccionado polo
protagonista, e os parrulos saen en serie, todos amarelos.
Un
bo día, a máquina vólvese un pouco tola e en vez de amarelo, sae un parrulo
doutra cor, que problemón!!😱😱. Ao principio
parece algo terrible, pero pouco a pouco a mentalidade do protagonista vai
cambiando e a máquina comeza a producir parrulos de cores😍.
Nesta
obra trabállanse valores como: a igualdade, a pluralidade e a integración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario