Descubrimos unha das árbores do cole, a
nespereira. Este ano está cargadiño de froita que imos a degustar.
A néspera é unha froita ovalada, de cor
laranxa cando está madura. Ten unhas pebidas de cor marrón que xerminan con
facilidade. O seu sabor é doce cando está ben madura, cuns toques
ácidos.
Destaca pola súas propiedades purificantes,
dixestivas e antiinflamatorias. As nésperas proporciónanos vitaminas C, E, B1,
B6, B2, A (caroteno) e B9. Tamén teñen minerais como potasio, fósforo, calcio,
magnesio, sodio, ferro, cinc, iodo e selenio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario