sábado, 24 de diciembre de 2022

GALLETAS DE XENXIBRE

Un dos doces tradicionais destas datas son as galletas de xenxibre, son moi doadas de facer e os máis cativos poden axudar a elaboralas. Se queredes pasar un rato divertido, animádevos !!

Os ingredientes son os seguintes:

260 g de fariña. Se queredes facelas sen glute, hai que substituír a fariña de trigo por fariña panificable; unha opción podería ser: fariña de arroz 60%, amidón de millo 40% e unha culleriña de goma xantana ou psyllium. 

100 g de azucre moreno ou panela, é o que lle vai aportar a cor tan característica; de non ter, vale azucre normal.

1 culleriña de xenxibre moído.

1 culleriña de canela moída.

Un chisco de sal.

1/2 sobre de levadura química.

2 ovos pequenos ou 1 XL

150 gramos de manteiga  de vaca a temperatura ambiente, estilo pomada; para alérxicos aos lácteos usar margarinas vexetais.

Mestúranse os ingredientes secos e logo os húmidos e trabállase coas mans ata ter unha masa homoxénea. Unha vez feita a masa métese nun bol, cóbrese e gardase na neveira antes de traballar; isto fai que a masa endureza un pouco.

Despois de que a masa repouse, estirámola cun rodillo e cortámola co molde para galletas. metémolas ao forno por 10-15 minutos a 180 º, depende do forno. Espolvoreamos con azucre glass e gardámolas nun recipiente para galletas para que non se poñan brandas.

vídeo





























No hay comentarios:

Publicar un comentario