sábado, 17 de diciembre de 2022

DESCUBRIMOS O MARISQUEO A FLOTE CON PILY E VICTORIANO, OS PAIS DE NOA.

 Os papás de Noa permítennos descubrir  outra modalidade de marisqueo, o marisqueo a flote. 

Para mariscar a flote é preciso dispoñer dunha pequena embarcación coa que saír a faenar, dado que esta actividade se realiza en zonas máis afastadas da costa, onde sería imposible mariscar a pé pola altura da auga.

Así como as mulleres son maioría no marisqueo a pé, nesta outra modalidade os homes son os que predominan; isto débese á forza que é precisa exercer para manexar una gancha ou raño que conta con un mango moi longo para chegar ao fondo mariño.

Aínda que é unha forma de marisqueo máis dura, compénsao o poder apañar maior cantidad de marisco, teñen cupos máis grandes, e algunhas das variedades de ameixa que se apañan a flote  tales como: a ameixa babosa, roxa ou bicuda, non as hai nas praias onde se marisquea a pé. 

Ao igual que no marisqueo a pé, as confrarías establecen o tipo de marisco que se pode apañar e a cantidade. Tamén deben pasar pola embarcación de control unha vez rematan de faenar, onde lle pesan as capturas; para rematar, teñen que pasar pola lonxa, onde o marisco pasa pola peneira que separa as ameixas por tamaños. Alí  danlle un comprobante do que apañaron ese día: o tipo de marisco, a variedade, a categoría e os quilos.

Os papás de Noa  amósannos no seguinte vídeo como se realiza o marisqueo a flote; en concreto, nese día, a captura é de ameixa babosa. 

Moitísimas grazas a Pily e Victoriano por permitirnos descubrir outro dos tipos de marisqueo que se da na ría de Pontevedra.

 

VÍDEO









































No hay comentarios:

Publicar un comentario