NO MES DE DECEMBRO ESTÁN DE ANIVERSARIO: ÍAN E LUKA.
sábado, 24 de diciembre de 2022
GALLETAS DE XENXIBRE
Un dos doces tradicionais destas datas son as galletas de xenxibre, son moi doadas de facer e os máis cativos poden axudar a elaboralas. Se queredes pasar un rato divertido, animádevos !!
Os ingredientes
son os seguintes:
260 g de fariña. Se queredes facelas sen glute, hai que substituír a fariña de trigo por fariña panificable; unha opción podería ser: fariña de arroz 60%, amidón de millo 40% e unha culleriña de goma xantana ou psyllium.
100 g de azucre moreno ou panela, é o que lle vai aportar a cor tan característica; de non ter, vale azucre normal.
1 culleriña de xenxibre moído.
1 culleriña de canela moída.
Un chisco de sal.
1/2 sobre de levadura química.
2 ovos pequenos ou 1 XL
150 gramos de manteiga de vaca a temperatura ambiente, estilo pomada; para alérxicos aos lácteos usar margarinas vexetais.
Mestúranse os ingredientes secos e logo os húmidos e trabállase coas mans ata ter unha masa homoxénea. Unha vez feita a masa métese nun bol, cóbrese e gardase na neveira antes de traballar; isto fai que a masa endureza un pouco.
Despois de que a
masa repouse, estirámola cun rodillo e cortámola co molde para galletas.
metémolas ao forno por 10-15 minutos a 180 º, depende do forno. Espolvoreamos
con azucre glass e gardámolas nun recipiente para galletas para que non se
poñan brandas.
sábado, 17 de diciembre de 2022
DESCUBRIMOS O MARISQUEO A FLOTE CON PILY E VICTORIANO, OS PAIS DE NOA.
Os papás de Noa permítennos descubrir outra modalidade de marisqueo, o marisqueo a flote.
Para mariscar a flote é preciso dispoñer dunha pequena embarcación coa que saír a faenar, dado que esta actividade se realiza en zonas máis afastadas da costa, onde sería imposible mariscar a pé pola altura da auga.
Así como as
mulleres son maioría no marisqueo a pé, nesta outra modalidade os homes son os
que predominan; isto débese á forza que é precisa exercer para manexar una gancha
ou raño que conta con un mango moi longo para chegar ao fondo mariño.
Aínda que é unha forma de marisqueo máis dura, compénsao o poder apañar maior cantidad de marisco, teñen cupos máis grandes, e algunhas das variedades de ameixa que se apañan a flote tales como: a ameixa babosa, roxa ou bicuda, non as hai nas praias onde se marisquea a pé.
Ao igual
que no marisqueo a pé, as confrarías establecen o tipo de marisco que se pode
apañar e a cantidade. Tamén deben pasar pola embarcación de control unha vez
rematan de faenar, onde lle pesan as capturas; para rematar, teñen que pasar
pola lonxa, onde o marisco pasa pola peneira que separa as ameixas por tamaños. Alí danlle un comprobante do
que apañaron ese día: o tipo de marisco, a variedade, a categoría e os quilos.
Os papás de Noa amósannos no seguinte vídeo como se realiza o marisqueo a flote; en concreto, nese día, a captura é de ameixa babosa.
Moitísimas grazas a Pily e Victoriano por permitirnos descubrir outro dos tipos de marisqueo que se da na ría de Pontevedra.