O Proxecto de Centro, neste curso
2024-2025, céntrase na Variante Espiritual do Camiño de Santiago. Cada
clase traballa en profundidade unha das etapas do Camiño e, para o Día do Libro,
imos a elaborar un álbum colectivo con lendas desas etapas.
O alumnado de 6º de E. Infantil,
aínda que está a traballar as diferentes etapas dende Oporto, aportará lendas
da etapa: Vigo - Redondela. Entre as lendas e historias desta etapa,
seleccionamos: “A BATALLA DE RANDE”, “A CADEIRA DA MOURA” E “A COCA DE
REDONDELA”.
O alumnado será o encargado de
narrar e ilustrar ditas historias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario