Lucy
e Sam envíannos as lendas de Vila Nova de Cerveira. Esta é a última etapa en
terras portuguesas.
De
Vila Nova recibimos catro lendas: O CERVO REI, A LENDA DA COVA DA MOURA,
A LENDA DAS TRES POTAS ENTERRADAS E A LENDA DA FONTE DA PORCA.
Como
en outras vilas polas que pasaron os nosos personaxes, as mouras están
presentes; ben en fontes, covas, penedos, en castros ou regatos. As mouras son
fermosas mulleres que teñen a capacidade de transformarse no peor dos monstros,
facer encantamentos, agochar tesouros, mover penedos co dedo mainiño ou levar
eses penedos na cabeza dun lugar a outro. As mouras están enfeitizada e agardar
por alguén que lles quite o fado despois de superar probas moi difíciles.
O alumnado, por equipos, debe escoller unha das lendas, crear as imaxes e subir a 2º de E. Primaria para contarlles as lendas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario