sábado, 23 de marzo de 2024

DESCUBRINDO SEATTLE.

 TEACHER CARMEN E LUCÍA, A NOSA AUXILIAR DE CONVERSA, ESTÁN A LEVAR A CABO UN PROXECTO SOBRE SEATTLE. GRAZAS A ELAS DESCUBRIMOS UN MONTÓN DE COUSAS DESTA CIDADE DE E.E.U.U. A SÚA SITUACIÓN NO ESTADO DE WASHINGTON  , LUGARES EMBLEMÁTICOS TALES COMO: THE SPACE NEEDLE, A CAFETERÍA STARBUCKS, A PONTE DO TROLL, O MERCADO PIKE PLACE, MOBILE PARK, ETC. PARQUES NATURAIS, ENTRE ELES O PARQUE NACIONAL RAINIER O PARQUE NACIONAL OLIMPIC; LAGOS CON CASAS FLOTANTES, MUSEOS COMO O DE ARTE POP E O DE AVIACIÓN, COSTUMES ETC. 

DECUBRIMOS A QUEN DEBE O NOME ESTA CIDADE, A UN XEFE DOS POBOS ORIXINARIOS: SEALTH, E ALGUNHAS DAS COSTUMES DESTES POBOS. DESCUBRIMOS OS TÓTEMS, COLUMNAS CONSIDERADAS SAGRADAS,  TALLADAS EN MADEIRA E PROPIAS DOS POBOS ORIXINARIOS DE NORTEAMÉRICA. SERVEN PARA CONMEMORAR AOS ANCESTROS, PERSOAS OU EVENTOS.

CADA TÓTEM PODE CONTER UNHA OU VARIAS FIGURAS DE ANIMAIS, QUE SERVEN PARA REPRESENTAR A CERTA FAMILIA OU CLAN. O LOBO, A AGUIA,  O OSO GRIZZLY, A RA, O CORVO, O SALMÓN, O MOUCHO E  O CASTOR, SON ALGÚNS DOS ANIMAIS MÁIS REPRESENTADOS.

POÑÉMONOS MANS Á OBRA, IMOS A CREAR O NOSO PROPIO TÓTEM, POR EQUIPOS ESCOLLEMOS UN ANIMAL PARA REPRESENTAR.






































































No hay comentarios:

Publicar un comentario