Nos días
previos ao 8 de Marzo, estivemos indagando sobre o sentido de dita data.
Descubrimos que na época das nosas avoas e bisavoas algúns oficios estaban
vetados para as mulleres, e que nalgúns casos, para facer determinadas
xestións, tales como abrir unha conta bancaria ou sacar o carné de conducir dependían da aprobación dos maridos.
Outra das
actividades que realizamos foi a de ver que queren ser de maiores os nosos
alumnos/as. Resultou curioso que a maioría querían ser homes e mulleres
pilotos e azafatas, por influencia da temática de entroido; pero tamén
chefs, mestras, exploradores/as, arqueólogos. Entón indagamos, buscamos
información nas redes sociais para ver como foi a evolución deses oficios
dependendo do xénero. Descubrimos que nalgunhas profesións, un exemplo a de
piloto, estaba destinada a homes. Mulleres como Amelia Earhart e María Bernalda de Quirós, foron
mulleres rompedoras e adiantadas ao seu tempo. Bettina
Kadner é unha piloto de aviación española, foi a primeira
muller que en 1969 aos 22 años, pilotou un avión de pasaxeiros en España
e Europea; foi tamén a primeira muller
comandante en 1972. Xubilouse en 2006, e no 2022 puxéronlle o seu
nome a un avión.
Tamén homenaxeamos a María Telo, unha muller que estudou leis e loitou por
e para lograr a igualdade de dereitos entre homes e mulleres, facendo
posible a modificación do Código Civil. Grazas a ela, hoxe en día, as mulleres
españolas podemos abrir una conta bancaria, aceptar herdanzas, traballar,
dispoñer dun salario, administrar bens...Todo isto sen ter que pedir permiso.
-“Después del ingreso en la universidad, mi vida ya no
fue la misma. Al conocer tan directamente la situación jurídica de la mujer
dentro del Código Civil, me sentí tan humillada, tan injustamente tratada, tan
vilipendiada, tan nada, que ninguna explicación ni histórica, ni jurídica, ni
religiosa, ni humana podían convencerme de que yo exageraba», relataba en su
libro “Mi lucha por la igualdad jurídica de la mujer”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario